Crime en Compostela (Gallego)
Crime en Compostela (Gallego)
El precio original era: €13,25.€3,98El precio actual es: €3,98.
Descripción
Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, «Crime en Compostela» está considerada un fito da literatura galega por ser a obra que inaugura o xénero de novela policial e é un indiscutido best-séller da narrativa galega dos últimos corenta anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato en Santiago de Compostela, cidade que é retratada aquí coas súas grandezas e miserias.Un crime arrepiante sacode a comunidade compostelá e amosa o rostro oculto dunha cidade aínda esotérica e misteriosa. Os seres humanos e as súas paixóns mandan, e ás veces mandan matar, sen que as razóns disto sexan doadas de indagar e descubrir.Co tempo, o xénero policial se convertiría, en palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso, «nun dos máis tocados pola novela galega actual, e o seu detective Nivardo Castro é xa un personaxe clásico».
- Encuadernación Bolsillo
- Autor/es González Reigosa, Carlos
- ISBN13 9788411103268
- ISBN10 8411103269
- Páginas 272
- Año de Edición 2023
- Idioma Gallego

