ABRIL E UN PAIS
ABRIL E UN PAIS
El precio original era: €18,05.€5,42El precio actual es: €5,42.
Descripción
O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case cincuenta anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamén por unha política colonial minada tras décadas de abusos e golpeada polas guerras de independencia.
Cincuenta anos despois, a escritora e xornalista Tereixa Constenla reconstrúe cun traballo minucioso, que inclúe tanto a investigación documental como a entrevista a moitos dos protagonistas da revolución, aquel xoves histórico no que todo o mundo puxo a mirada nun fito que logrou derrocar un réxime opresor. Unha análise abraiante do pasado de Portugal, resumido neste ensaio indispensable para comprender o espírito único do país luso.
- Autor/es Constenla, Tereixa
- ISBN13 9788419213525
- ISBN10 8419213527
- Año de Edición 2024

